|
Figueiro Forjados naceu en 1965 cando Juan Figueiró Alonso volta de Venezuela. Xunto cun socio contratista que coñecía o mercado, Juan Figueiró Alonso comenza a actividade empresarial orixen das actuais actividades empresariais da familia.
Inicialmente, ademáis de bloques e bovedillas fabricabanse postes e arillos de pozo. Toda a actividade realizábase de forma manual.
A comezos dos anos 70 e por diferenzas na visión empresarial D. Juan Figueiró Alonso sepárase do seu socio e continúa en solitario.
Dende entón até hoxe, Figueiró Forjados foi a base das actuais actividades empresariais da familia Figueiró Garrido que inclúen, unha empresa en Portugal (Prenorte) que realiza paneis prefabricados para cerramentos de naves industriais, e unha incipiente actividade promotora.
O esforzo inicial de D. Juan Figueiró foi acompañado pola súa esposa Rosa quen, desde comezos dos anos 80 traballa na empresa familiar, e polos seus fillos que progresivamente se incorporaron á mesma.
Actualmente a segunda xeración da familia está á fronte da empresa e o seu esforzo e inquietude contribuirán á continuidade e éxito da empresa familiar. |