|
En Figueiró Forjados dedicámonos á fabricación de elementos prefabricados de formigón, ferralla para obra e comercialización de materiais de construción. Traballamos ao servizo dos profesionais da construción, desenvolvendo e incorporando produtos que responden ás necesidades das novas estruturas arquitectónicas.
Durante máis de 40 anos de traballo, Figueiró Forjados xerou un amplo catálogo de produtos, así como unha infraestrutura incorporando moderna maquinaria para ofrecer mellores materiais e servizos de calidade.
Prenorte, empresa do Grupo Figueiró especializada na fabricación de paneis prefabricados de formigón, amplía a gama de solucións construtivas. Trátase de produtos de gran calidade, caracterizados por:
· Colocación rápida e sinxela
· Distintos acabados ou texturas: liso, árido lavado e en cores
· Distintos grosores: 12, 16 e 20 cm
· Illamento térmico
· Grande adaptabilidade dos paneis ao proxecto |